Premios Mestre Mateo

“Oliveira dos cen anos”, mellor videoclip nos Premios Mestre Mateo

As películas “O corno”, que recolleu 7 galardóns, e “Matria”, con cinco, foron as grandes triunfadoras

Gael García, Maruxa Magdalena e Andrés Montenegro, acudiron á gala en representación do RC Celta

Gael García, Maruxa Magdalena e Andrés Montenegro, acudiron á gala en representación do RC Celta / CASTELEIRO/ROLLER AGENCIA

R. V.

Os Premios Mestre Mateo recoñeceron onte como mellor videoclip a “Oliveira dos cen anos”, o traballo audiovisual de Little Spain para o himno composto por C. Tangana con motivo do centenario do RC Celta de Vigo, nunha gala celebrada no Coliseum da Coruña na que as longametraxes O corno e Matria se erixiron como grandes vencedoras. Ambas películas, sumadas á serie Rapa, partían como favoritas acaparando un total de 42 categorías.

O filme de Jaione Camborda, O corno, foi a obra máis premiada da noite ao facerse con sete galardóns: mellor dirección de arte, mellor maquillaxe e perruquería, mellor son, mellor vestiario e mellor longametraxe. Ademais, a directora alzouse cos premios a mellor dirección e mellor guión.

C. Tangana y Pedro Feijóo te desgranan "Oliveira dos cen anos” este domingo en Faro

Pedro Feijoo

Non obstante, Matria quedou pouco por detrás. O equipo desta longametraxe recolleu un total de cinco premios: mellor dirección de fotografía e dirección de produción e fixo pleno nas categorías de interpretación nas que era finalista, con recoñecementos para María Vázquez como mellor interpretación feminina protagonista; Susana Sampedro como mellor interpretación feminina de reparto e Santi Prego como mellor interpretación masculina de reparto.

A serie Rapa foi votada polas académicas e académicos como mellor serie de TV e tamén gañou os premios a mellor montaxe e mellor música orixinal. En canto á ficción seriada, A arte de ser mal pai da produtora Miraveo obtivo o premio á mellor serie web.

A entrega de premios foi presentada por Lidia Veiga e Miguel Canalejo, que estiveron acompañados no escenario por Fillas de Cassandra, encargadas de poñer música ao evento coa colaboración de Mondra e os peliqueiros de Laza.

'Oliveira dos Cen Anos': el impactante vídeo del himno del centenario del Celta

R. V.

O actor compostelán Tamar Novas subiu por segundo ano consecutivo para recoller o premio a mellor interpretación masculina protagonista polo seu papel en Salta. Tamén estivo na mesma tesitura a actriz coruñesa Lucía Veiga, quen nesta ocasión foi recoñecida como mellor comunicadora grazas ao seu traballo en Malicia Noticias.

Ademais, Xosé Ramón Gayoso tamén tivo o seu emotivo momento ao entregarlle o premio de honra Fernando Rey a Eva Veiga.

O listado de profesionais galardoados durante estes premios complétase cos nomes de Alba Prol, Raúl García e Jairo Iglesias na categoría de mellor realización polo seu traballo en O Gran Camiño. Grandes Rutas a Pé do Mundo.

Os espazos en branco impúxose na categoría de mellor documental. Mentres que Cos pes na terra acadou o premio a mellor programa e Chama a miña neta foi premiado como mellor anuncio publicitario.