A metade dos Verto sorprende cun disco en solitario sobre a súa depresión
Berto Mira anuncia a publicación de 'Viaxe ao espazo interior' un mes despois da seperación do dúo
Pouco máis dun mes pasou dende que os Verto anunciaran un parón —en principio temporal— na súa carreira. Explicaron daquela que ían dedicar esforzos a outros proxectos, pero se cadra os seareiros non contaban con que agromasen tan rápido. A metade da dupla, Alberto Mira, Berto, acaba de anunciar nas redes sociais que o próximo venres lanzará un disco en solitario. Un traballo do que non ofreceu ningunha pista sonora, pero si temática: abordará con enfoque conceptual a depresión que sufriu no último ano. O título será Viaxe ao espazo interior.
"(O LP) é unha metáfora sobre o illamento que sufres tendo un trastorno mental, usando como referencia o espazo exterior, e estou moi contento porque por fin me vexo preparado para sacalo", explica Berto, que no dúo asumía o maior protagonismo vocal e tamén se encargaba das guitarras. A pandemia abriu a cancela para que a saúde mental cobrase un gran protagonismo no debate público, grazas a obras coma a do xornalista galego Anxo Lugilde.
O anuncio da separación, se cadra momentánea, dos Verto sorprendeu á ampla base de seguidores que aglutinaron en moi pouco tempo, un par de anos desde que lanzaron os seus primeiros temas. O seu pop electrónico emocional e bailadeiro, en liña coa música mainstream global, acadou unha grande aceptación e ían camiño de derivar en todo un fenómeno transversal.
Temas
Más en Cultura
-
Muere Victoria Prego: su importante trayectoria en televisión desde 'Al cierre' a 'La transición'
-
El Brooklyn cinematográfico de Paul Auster: de 'Smoke' a 'Blue in the face'
-
El testamento literario de Paul Auster: cinco libros para entender su carrera
-
Muere a los 75 años Victoria Prego, la periodista que retrató la Transición en España