Gonzalo Navaza, académico de número da RAG
O profesor da Universidade de Vigo sucede ao falecido Xosé Ramón Barreiro

Gonzalo Navaza, nunha foto de archivo / Bernabé / Gutier
R.V.
A Real Academia Galega elixiu a Gonzalo Navaza (Lalín, 1957) como académico de número mo pleno ordinario celebrado este sábado. O escritor, tradutor e destacado especialista en toponimia é profesor do departamento de Filoloxía Galega da Universidade de Vigo e forma parte da RAG como membro correspondente vinculado ao Seminario de Onomástica desde o ano 2012.
Así mesmo, no pleno deste sábado tamén se acordou nomear académicos correspondentes ao crítico literario Ramón Nicolás Rodríguez (Vigo, 1966) e á xurista Celia Pereira Porto (Róterdan, 1971).
Trala lectura do discurso de ingreso en fechas próximas, Gonzalo Navaza ocupará a vacante producida pola muerte o pasado mes de marzo do historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, que foi presidente da RAG durante case unha década.
Así, Gonzalo Navaza obtivo galardóns como o da Crítica Española de poesía por 'Fábrica íntima' (1991) e 'Libra' (2000); ademais de ser recoñecido co San Clemente de narrativa por 'Erros e Tánatos' (1998).
A súa traxectoria como investigador en onomástica comezou nos anos 80, cando realizou a recollida de campo e a corrección da toponimia dos mapas do Instituto Xeográfico Nacional para as provincias de Pontevedra e Ourense. Entre outras obras, publicou 'Fitotoponimia galega' (2006), un traballo monumental que recolle preto de 8.000 nomes de lugar que se corresponden con 150 especies botánicas distintas, o cal foi galardoado co Premio de Investigación Losada Diéguez (2007). 'Toponimia de Catoira', Premio Lois Pena Novo (2008), e 'Os nomes dos concellos da provincia da Coruña' (RAG, 2021) son outras das súas obras. Forma parte do proxecto 'Dicionario de apelidos galegos'.
Tamén traduciu ao galego clásicos universais como 'A chamada da selva', de Jack London (1982); 'Sherlock Holmes, detective', de Arthur Conan Doyle (1986); e 'Robinson Crusoe', de Daniel Defoe (1986). A súa versión d'O can dos Baskerville' foi recoñecida co Premio Ramón Cabanillas de Tradución Literaria (1991).
Celia Pereira Porto é doctora en Dereito e deselvolve unha labor destacada en distintos campos desde o compromiso coa lingua e la cultura galegas.
Pola súa parte, o escritor, tradutor e crítico literario Ramón Nicolás é licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa (USC) e diplomado en Estudos Portugueses. Exerce como profesor de lingua e literatura galegas desde 1989, unha labor que fai na actualidade no IES Castelao (Vigo).
- Muere un marinero del cerco en un accidente mientras faenaba en las Cíes
- El Náutico de San Vicente vuelve a instalar una valla opaca para ocultar sus conciertos y reducir los problemas que causan
- Un incendio forestal que ya supera las 20 hectáreas moviliza decenas de medios en Ponteareas
- Manuel Freire y Dolores Pastoriza celebran los 60 años de casados
- La universidad pasa factura emocional en Galicia: casi 500 estudiantes piden ayuda psicológica a sus campus en un año
- Muere en Ourense Marcos Rodríguez Pantoja, el hombre que vivió más de una década aislado con lobos en Sierra Morena
- Un lunes de colapso en las carreteras de O Morrazo
- Portugal perfila los 12 trenes con los que unirá con Alta Velocidad Lisboa, Oporto y Galicia: más de 500 plazas en dos clases y sin cafetería