O Día do Libro ou o Día de San Jordi deste ano será difícil de esquecer. Non poderemos saír ás librarías mercar unha obra física para nós ou para agasallar; pero non por iso a homenaxe a un dos mellores pasatempos e menciñas da humanidade quedará estéril. Diversas iniciativas hai en Galicia

Unha das máis agradecidas será a que propón Galaxia. Xunto á Asociación Vigo Gastronómico (con 18 negocios de hostelería da cidade) e o Concello de Vigo repartiron coas entregas de comida máis de 500 libros a persoas necesitadas da urbe olívica para que hoxe, na efemérede do libro, poidan gozar de títulos como "A Batalla de Randede Román Pereiro. A iniciativa leva por nome "Comercultura" e tamén fixo unha especial escolla de títulos para as nenas e nenos do Fogar San José, incluíndo audiolibros.

EN DIRECTO

Coronavirus en Galicia: última hora

Sigue las noticias sobre la incidencia de la pandemia del Covid-19 en la comunidad

Os escritores galegos converteranse hoxe nos grandes protagonistas da celebración da Deputación de Pontevedra. Nun vídeo que se colgará na web da institución, escritores como Pedro Feijoo compartirán coas persoas que accedan á páxina os seus libros de referencia.

A colación da verba lida de literatura, hai que lembra-la iniciativa de Xerais. A campaña #envozpropia ofrece a posibilidade de oír das mesmas autoras e autores retazos dos seus libros vía redes sociais coas etiquetas #envozpropia, #librosxerais, #literaturagalega, #quedanacasa. Autores como Manuel Rivas, Rosa Aneiros, Pedro Feijoo, Mar entre outras ducias, participan.

Pola súa parte, hai librarías como Paz, de Pontevedra, que veñen de lanzar a campaña #oquenosquedaporler. Con ela, plantexan que fagamos compras anticipadas con pedidos vía email. Se mercamos hoxe teremos un 10% de desconto no pedido e un 5% na seguinte compra cando reabra a libraría. Todo farase mediante vales de compra. Ademais ofrecen saquetas maridaxe con viño e libros ou vermú e libros. Cada saqueta inclúe unha pequena colección de marcapáxinas a cargo de artistas como Cynthia Menéndez, María Lado ou Elvira Ribeiro, entre outras. Tódolos detalles téñennos no seu Facebook

A Libraría Librouro de Vigo informa de que tamén no Facebook, YouTube ou Instagram de puntoecoma.gal, Uxía Morán festexará o Día do Libro relatando "O neno peixe". Será ás 12.00 horas de hoxe e permanecerá o relato 48 horas na Rede.

Tampouco quere perde-la festa o museo MARCO de Vigo cunha sesión especial de contacontos online para as familias con María Xosé Martínez ás 12.00 horas na web da entidade. Ademais de ofrecernos un avance da publicación sobre Manuel Colmeiro, o centro de arte contemporáneo -que tódolos anos fai un bookcroosing nesta data- facilita unha nova experiencia do mesmo pero na Rede e con outros museos e bibliotecas do Estado. Os detalles están tamén na súa web.

Una cita dede New York

Dende New York, o Festival Kerouac -en colaboración co consulado de España na urbe americana- ofrece neste Día do Libro en streaming e directo na plataforma Zoom e Facebook Live un recital poético.

O eixo será a obra de Lorca "Poeta en Nueva York". Dez creadores españois lerán un poema deste libro e outro da súa autoría. O evento diríxeo Marcos de la Fuente, que tamén participa, e contará, entre outros, con Antón Reixa. A cita será ás 20.00 horas de España e pódese atopar seguindo a senda de @festivalkerouac.

Pola súa parte, a editorial @nubeocho ofrece para descarga libre en o conto "Pronto Saldré de Casa", de José Fragoso, un relato adicado a nenos e nenas en confinamento.

Outra iniciativa senlleira será a do Concello de Cervo coa creación dunha historia colaborativa no Facebook.

Tampouco podemos esquecer a oferta para hoxe de Afundación en casa que na súa plataforma dixital oferta para libre descarga libros como "175 debuxos de Castelao" ou libros sobre Maside e Antón Pulido; un encontro con Miguel Sande que gañou o Premio de Poesía Afundación; entre outras iniciativas.