Gondomar oferta dous cursos de surf para mozos este verán

Un joven practicando surf.

Un joven practicando surf. / Ricardo Grobas

R.V.

Co obxectivo de achegar o surf á mocidade, o Concello de Gondomar organiza dous cursos dunha semana cada un: un impartirase do 1 ao 5 de xullo e vai dirixido a mozos de 15 a 17 e o seguinte, do 15 ao 19 de xullo, é para rapaces de 12 a 14. As dúas quendas contan con 16 prazas.

A actividade é gratuita, transpore incluído, e os interesados teñen do 27 de maio ata o 7 de xuño para inscribirse por rexistro ou a través da sede electróica. Máis información, chamando á ao 986369746 (Oficina de Información Xuvenil).