Dobre presentación literaria en Gondomar

Os libros que se presentarán hoxe.

Os libros que se presentarán hoxe. / Instituto de Estudos Miñoranos

“As literaturas dunha xeración” titúlase o acto que o Instituto de Estudos Miñoráns organiza esta tarde ás 20.00 no seu local, a aula de cultura Ponte de Rosas de Gondomar. Perfecto Ramos presentará “Unha gripe cabaluda” , a última novela de Bieito Iglesias, e David Bernárdez, a de Xaime Toxo, “70º Norte”. O acto estará conducido polo profesor Carlos Méixome.