O IES Val Miñor defende o uso do galego por Nigrán

O alumnado que repartiu os carteis polos establecementos.

O alumnado que repartiu os carteis polos establecementos.

Por tendas de alimentación, estancos, bares, clínicas... Sesenta alumnos de 4º da ESO do IES Val Miñor visitaron ducias de negocios de Nigrán e de Panxón para convidar os seus donos e empregados a usar o galego e a colgar os carteis da campaña “Aquí tamén se fala galego”, que xurdiu o curso pasado nun centro da Coruña para rachar cos prexuízos que invisibilizan a lingua galega.