A Asociación de Veciños O Galiñeiro, a Anpa do colexio Serra, a comunidade de montes e a Agrupación Musical de Vincios de organizan o campamento Os Vinciocas para axudarlles ás familias a conciliar o traballo coas vacacións escolares. Será no colexio da parroquia, con nenos de 3 a 12 anos desde o 27 de xuño ao 31 de agosto, por quendas quincenais ou semanas soltas e con comedor. Os prezos van desde os 50 ata os 105 euros. A inscrición está aberta desde mañá ata o 15 de xuño no centro educativo.