VAL MIÑOR
Rafa Villar gaña o X Premio Victoriano Taibo co poemario "Erosións"
Redacción | Gondomar
O escritor Rafa Villar é o gañador da décima edición do Certame Poético Victoriano Taibo polo poemario "Erosións". O xurado do premio que convocan o Instituto de Estudos Miñoráns e o Concello de Gondomar deu a coñecer onte o nome do vencedor e destacou a obra pola combinación "da paixón e da intimidade cunha exquisita sinxeleza e intensidade lírica, froito dun coidadoso traballo de construcción poética na que desaparecen as concrecións de xénero para converter os poemas na expresión total do amor".
O autor, nacido en Cee en 1968, é un destacado poeta da chamada promoción dos 90, que recibiu prestixiosos premios ao longo da súa traxectoria como o Fermín Bouza Brey para autores novos no ano 92, o Curuxa de humor literario, o Cómaros Verdes do Concello de Vilagarcía ou o Cidade de Ourense de poesía.
É licenciado en Filoloxía Galego-Portuguesa, foi voceiro da plataforma Nunca Máis, parte da directiva da Asociación de Escritores en Lingua Galega e un dos fundadores da editora Letras de Cal.
A cerimonia de entrega do Victoriano Taibo está prevista o vindeiro 18 de novembro no auditorio municipal Lois Tobío de Gondomar.
- Los precios disparados dejan sin comprador más de 130 viviendas nuevas en Vigo
- La Europol incluye en su lista de más buscados a una mujer que se hizo pasar por médica en Lugo y A Coruña
- Galicia, entre las pocas autonomías con residencia oficial para su presidente: Monte Pío costó 9 millones
- Una pareja de O Porriño, más de 24 horas atrapada en Portugal tras averiarse su furgoneta: «Nos dejaron tirados como auténticos animales»
- La catalana Conservas Dani se hace con la planta mejillonera de raíces gallegas que quebró en Chile
- ¿Cómo se verá el eclipse de sol al 99% en Vigo?: «La diferencia entre el 99% y la totalidad es muchísima»
- Se confirma la muerte de la familia de Marín en el terremoto de Venezuela: identifican los cuerpos de Lía, Ulises, Adela y Yhosvany
- Vithas Vigo se convierte en el tercer hospital de España en administrar los primeros fármacos frente al alzhéimer