Cúmprense 19 anos que finou Ramón Trías Fargas, dun ataque cardíaco dando un mitin no Masnou. Morreu de pé. Catedrático de Economía, Conseller de Economía, xefe da oposición a Maragall en Barcelona, parlamentario en Madrid. Cando finou, Maragall referiuse a él, como un gran señor de Barcelona.

Xa no ano 1985 expoñía en libros a asfixia económica de Catalunya, que había convertido a Generalitat nunha simple caixa pagadora sen autonomía. O famoso café para todos.

Pero eu quero lembrar o seu tesón para aprobar una lei pioneira que amparaba os disminuídos, tanto físicos como psíquicos. Trías tiña un fillo con síndrome de Down. Gracias o seu liderazgo se aprobou en 1982 a Lei de Integración Social dos Minusválidos (LISMI) que atinxía todos os grados de discapacidade. Unha lei que estivo vixente durante 30 anos, hasta a súa actualización e que foi aprobada por unanimidade polo Parlamento en Madrid, e non polo goberno de turno. No Día Mundial do Autismo, e xusto recordar a este catalán universal que traballou polo ben común.