A cousa é moi sinxela, os veciños de Salvaterra radicados non por gusto na República Arxentina e agrupados entorno a Sociedade Progresista del Distrito de Salvatierra de Miño en Buenos Aires, fundada en 1921 (367 socios en 1927), mercan un solar no lugar da Forca en 1925, comezan a construcción da casa en 1926 e inaugúrana en 1928. Pagárona cos seus cartos, aportacións individuais e colectivas que excederon as 70.000 pesetas da época.

Mínimo unha lembranza os seus diretivos: presidente, Manuel Puente; vicepresidente, Francisco Grandal; secretario, José Pereira; pro. secretario, Manuel Port; tesoureiro, Maximino Domínguez; pro. tesoureiro, Manuel Souto; revisadores de contas, Francisco Álvarez e Clemente Silva; delegados, entre outros, o alcalde Manuel Mariño e o tenente de alcalde, fusilado en 1937, José Domínguez.

Desalmados sanguinarios provocan o Golpe de Estado de 1936. En territorio galego non hai guerra, non hai batallas, sí represión, asasinatos, xenocidio, miles de vítima (véxase en internet "os nomes e as voces", Universidade de Santiago).

O inmoble foi incautado pola ditatura durante 40 anos; agora leva semi-incautado outros cuarenta e tantos. Ningunha institución invertiu un peso na súa conservación.

En lugar de devolverllo os séus lexítimos propietarios, a Xunta de Galicia, Consellería de Medio Rural, pretende vender o que en conciencia, ética e moralmente, non é seu ó Concello de Salvaterra pola módica cantidade de 110.000 euros a pagar en cómodos prazos. A mesma falta de conciencia ética e moral leva o citado concello a ofertar prezo. Tan boa é Marta como é Xandoia. O normal, cando se localiza un botín procedente dun roubo, é que a autoridade competente lle-lo devolva os séus lexítimos propietarios.

Voto de menos a falta de contacto con calqueira tipo de asociación cultural, política e social da actualidade de Salvaterra, que por respecto e fidelidade o espíritu que guiou a construcción do edificio poderían ser considerados con dereitos o uso e disfrute do mesmo.

Animo dende estas liñas a que ditas asociacións comuniquen a Medio Rural, o Concello de Salvaterra e a Asociación da Arxentina o seu interese polo uso e disfrute futuro do mesmo.