Satisfaceunos a presencia de Salvador Bodaño trala súa convalecencia por enfermidade. "Xa pensei que non volvía". Presentou ó mestre Justo Beramendi. A segunda visita do presidente do Padroado do Pobo Galego ó Ateneo Compostelano. El quería falar das Irmandades da Fala.

O historiador achéganos ós feitos que aportan as fontes. Murguía fixo o relato uns anos despois, de oídas, pois xa estaba en Madrid. Puido priorizar a relevancia literaria á autenticidade.

Todo ocorreu o 2 de marzo de 1856 no Concello de Conxo. Hai dúbidas da ubicación exacta. Segundo as pescudas de Quique Alvarellos celebrouse "nun bosque de carballos tralo mosteiro".

Estudiantes de Santiago confraternizaron cos currantes, incluso lle serviron a comida. Un feito insólito. Non eran obreiros senón artesáns porque en Santiago non había industria.

Os estudiantes non discutían que no Estado houbera máis nación que a española. Moitos son á vez demócratas españois e provincialistas galegos, algo que comezará a ser incompatible co rexionalismo dos oitenta. Entre eles estaban Paz Novoa, Domingo Camino, Luis Rodríguez Seoane? Parece que Rosalía non. Unha muller entre tanto home é difícil polo que dirán.

Os artesáns estaban lonxe de calquera ideoloxía. O movemento obreiro era cero en Compostela. Se lle falaran da historia de Galicia sería, sen dúbida, un rotundo fracaso.

Os versos do brinde recitáronse en español. Era daquela a língua dos actos públicos e para falar de política. Estas foron as proclamas de Aguirre. "Sol de la libertad (?) no ha nacido para esclavo el hombre; Cristo es el hijo del pueblo. La media pompa y el esplendor del trono. No hay más que una nación y un soberano." Pondal arengou "brindo por el pueblo soberano. No abandonéis el campo de pelea. ¿Quién hizo al hombre diferente de su hermano? ¡Pueblo libre, libérate!". Galicia non aparece nos versos. Curiosamente Castilla sí e un comunero como Padilla.

Houbo semanas de rebumbio. Foi un gran escándalo na época polo carácter subversivo do acto nunha cidade tan levítica. As autoridades tentaron castigar ós rebeldes. Quixeron xulgalos.

Logo mitificouse. En realidade foi flor dun día. Non xurdiu ningunha organización política. Nin sequera unha folga. "A maioría seguiron traballando como cabróns". Os señoritos,cada un polo seu lado. Aguirre botouse ó mar en Riazor; Rodríguez Seoane pasouse á Democracia Española?