09 de abril de 2009
09.04.2009

"Recordatorio" a Touriño

J.M. Vázquez López

09.04.2009 | 02:00

Lamento ter que utilizar este intre para facer este comentario de opinión, dado que o seu estado de ánimo non debe atravesar pola maior ledicia, pero as cousas hai que decilas cando a ocasión o require ou calalas.

Debo recoñecer que, aínda que non comparto en absoluto as súas ideas, cheguei a terlle certa admiración por un rasgo de "elegancia política" que tivo en certo momento. Debatían vostedes sobre posibles irregularidades nas obras da Cidade da Cultura (Gaiás) e no intre en que pasaban ás votación, vostede non quixo participar e abandonou a xuntanza. Posteriormente comentou que non quería xudicializar a vida política. ¡Un xesto honroso!

O malo é que ese xesto persoal non foi trasmitido, ou non foi asumido pola súa propia xente, xa que aquí temos un concelleiro do seu partido que xudicializa todo o xudicializable e máis. Ben é verdade que á hora das votacións non se come un rosco.

Pois ven, co motivo da súa recente renuncia ó cargo que ostentaba dentro do partido PSde G, comentou as causas que o levaban a tomar esa decisión, engadiu tamén que a campaña electoral para o día 1 de marzo, fora a máis sucia da Historia da Democracia; con isto non estou de acordo.

Na miña opinión a campaña electoral máis sucia, non da Historia da Democracia senón da Historia en xeral, é patrimonio do PSOE; produciuse un sábado de reflexión do ano 2004, cando co motivo dun lamentable e aborrecible vandalismo terrorista, atopou terreo estercado para argumentar o motivo da movilización. O balbordo foi pilotado por o Sr. Rubalcaba, un dirixente residual do goberno de Felipe González, cuxa nefasta xestión todos coñecemos e o cidadán non esquece.

Xa ve, Sr. Touriño, un acaba sendo xulgado polos seus propios comentarios.

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook
S.P.
Lo malo del embrollo que ha montado la Xunta con la sede de la fundación...
MANUEL BRAGADO
Vigo contou cun gran teatro en 1832. Foi o que na Princesa inaugurou o rico comerciante Velázquez Moreno...
 

Calendario laboral y escolar 2017/2018

Calendario laboral 2018 en Galicia

Calendario Laboral 2018 en Galicia

Aquí tienes a tú disposición todos los días festivos en  Vigo y en Galicia , así como el Calendario escolar 2017/2018 .

 

Enlaces recomendados: Premios Cine