Irmandade

Arbo e Sainte-Terre selan a súa unión

Os alcaldes asinaron un memorando

Agnés Alfonso-Chariol e Horacio Gil.   | // FDV

Agnés Alfonso-Chariol e Horacio Gil. | // FDV / d. p.

d. p.

A alcaldesa de Sainte-Terre, Agnés Alfonso-Chariol, e o alcalde de Arbo, Horacio Gil fixeron efectivo o último trámite para selar a unión de ambos pobos. Así, precisamente durante a celebración da Festa da Lamprea, un dos elementos que xera eses lazos de confraternidade, procederon a asinar o “Memorandum de Hermanamiento”.

Son moitas as coincidencias que unen esta vila galega coa francesa, “a tradición da lamprea, o escudo, o viño, o museo da lamprea e a festa”, sinalan fontes municipais arbenses.

Pola súa banda, dende terras galas sinalan a Arbo como “outra capital mundial da lamprea”, onde se asinou o protocolo de fraternidade “que augura unha relación construtiva e sostible moi estreita entre as nosas dúas comunidades”.