Natureza
130 niños de velutina eliminados en 2023
Esta é a súa época de cría
d.p.
O equipo de voluntariado destinado ao control da vespa velutina no Rosal realizou máis de 130 intervencións ao longo de 2023, actuacións fundamentais para preservar o ecosistema, a biodiversidade e a calidade de vida de rosaleiros e rosaleiras.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destaca a importancia do seu traballo, “un labor que vai máis alá da retirada de niños destas vespas invasoras. A súa actividade é esencial para manter o equilibrio ecolóxico e para garantir a seguridade e a tranquilidade dos nosos veciños e veciñas”.
A pesar de que calquera incidencia relacionada con esta especie invasora é de competencia autonómica, dende o Goberno municipal saliéntase que os servizos ofrecidos dende a Xunta son insuficientes. Grazas á colaboración deste equipo de persoas voluntarias, o Concello pode dar resposta a calquera aparición de velutinas “para conservar así o equilibrio, a sostibilidade, a calidade de vida e a produción agrícola no Rosal”.
Agora é o momento no que están comezando a criar estas vespas e a crear os seus niños primarios, polo que é moi importante que todas as persoas que detecten un dean aviso o antes posible.
- China navega en un mundo aparte: pesca 20 toneladas más por cada una que pierde la flota española
- La jueza archiva la causa de la botella de agua que quemó a un cliente en un restaurante de Vigo: «Es decepcionante»
- Desbloquean las cesáreas humanizadas en el hospital Álvaro Cunqueiro tras un año paralizadas y prevén retomarlas en mayo
- Herida grave una niña de 10 años tras precipitarse desde el balcón de su casa en Vigo
- Silabario abre un nuevo restaurante en un hotel histórico de Vigo: «Va a ser un concepto más divertido y asequible»
- Papá y mamá te acompañan
- Una exempleada de Hormigones Valle Miñor acepta dos años de cárcel por apropiarse de 100.000 euros a la empresa de Nigrán
- Dejar un trabajo fijo para dedicarse a la docencia: «Me arrepiento de no haberlo hecho antes»