Transformación dixital
Porriño facilita as xestións municipais
Xa está dispoñible a Carpeta Cidadá na que consultar o estado dos trámites
O Concello do Porriño avanza no proceso de facilitar a xestión telemática dos trámites e implementar unha administración electrónica innovadora, marcando un paso significativo na transformación dixital.
O acceso dos cidadás e empresas á información do estado das súas xestións co Concello xa está dispoñible a través da Carpeta Cidadá do Goberno de España (https://carpetaciudadana.gob.es ).Unha nova canle que se vén a sumar á sede electrónica municipal.
A adopción da tecnoloxía na xestión administrativa non só simplifica os trámites, senón que tamén axiliza os procesos, reducindo tempos e mellorando a accesibilidade por parte da cidadanía.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Comentarios
Ver comentarios