Medio ambiente

Mos mima e disfruta da súa natureza con CoidaMos

Mañá terá lugar, ás 09.30 horas, o roteiro Libera Basuraleza no Rejo das Laxes en Cela

Roteiro escolar CoidaMos celebrado a pasada semana.   | // D.P.

Roteiro escolar CoidaMos celebrado a pasada semana. | // D.P. / D. p.

D. p.

O programa CoidaMos da concellería de Medio Ambiente de Mos implementa o seu plan de iniciativas con novas liñas de actuación. Trátase dos programas AndaMos, ConectaMos coa Natureza, Libera Basuraleza e a App Liña Verde, que foron presentados pola alcaldesa, Nidia Arévalo, e pola concelleira Laura Méndez.

Tratarase da fiestra ou a canle mediante a que o CoidaMos promova o coidado e a protección do medio ambiente. Estas redes sociais complementaranse coa App Móbil promovida e financiada pola Deputación de Pontevedra a través de Fondos Europeos, Liña Verde, que permitirá á cidadanía comunicar en tempo real verquidos irregulares e incidencias medioambientais de todo tipo.

A primeira destas novas iniciativas promovidas dende o programa CoidaMos fíxose en colaboración coa concellería de Educación e consistiu en camiñatas para o alumnado dos colexios de Mos polo sendeiro do río Louro con motivo do Día Mundial da Auga.

Mañá domingo realizarase a actividade Libera Basuraleza no Rejo das Laxes en Cela. Esta iniciativa consiste na organización de andainas grupais polos ríos e regatos do municipio durante as que se recolle lixo e desperdicios depositados nas marxes e no cauce dos mesmos. Durará unha hora e iniciarase ás 09.30 horas.

AndaMos

En abril comezará o plan AndaMos de andainas medioambientais de dificultade moderada e asequibles a toda a poboación de diversas idades e condicións físicas, e nas que os camiñantes poden participar acompañados polas súas mascotas.

En maio farase unha saída á montaña de tres días, concretamente aos montes do Caurel.

E en xullo, e ata o mes de outubro, retomaranse as andainas medioambientais de periodicidade mensual do AndaMos.

ConectaMos coa Natureza

Dentro do plan ConectaMos coa Natureza haberá diferentes iniciativas, entre elas estará a denominada Camiñar Consciente que incluirá, entre outras actividades, unha saída nocturna en agosto ao Galleiro para contemplar as estrelas, as chamadas lágrimas de San Lorenzo en concreto.