GONDOMAR

Éxito de inscrición no desfile de comparsas

O pasado día 22 fechouse o prazo de presentación de candidaturas

Carroza dunha edición anterior.   | // D.P.

Carroza dunha edición anterior. | // D.P. / D.P.

D.P.

O Concello de Gondomar organiza un ano máis o tradicional desfile de Entroido, un evento de grande relevancia e atrativo turístico no territorio que procura continuar a afianzarse como Entroido de referencia no Val Miñor e no resto de concellos da área.

Tal como aconteceu na pasada edición, o desfile de Entroido non contará cun concurso propiamente dito, senón que todos os participantes que se cingan ás condicións de participación reflectidas nas bases que o Concello estableceu, recibirán unha aportación económica.

O desfile de Entroido en Gondomar terá lugar o próximo día 11 de febreiro, e comezará ás 16:30 horas, coa lectura do pregón na Praza Paradela.

O enterro da sardiña celebrarase o mércores 14 de febreiro, sempre que as circunstancias meteorolóxicas o permitan.