Novos triunfos para os taekwondistas da Cañiza

deporte

Novos triunfos para os taekwondistas da Cañiza

Novos triunfos para os taekwondistas da Cañiza

Un ano máis A Cañiza volve celebrar o éxito dos seus taekwondistas nunha nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica na que participaron cerca de 700 deportistas de 32 clubs galegos. O Club Asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, vén de conseguir sete medallas nas modalidades de competitiva e amateur, para as idades comprendidas entre os 6 e 18 anos.

Lara Miguélez Pérez e Manuel Romay Rodríguez lograron cadansúa medalla de ouro; Noa Domínguez Parada acadou a prata e o bronce foi para Imanuel Domínguez Iserhiewrhitz, Iker González Soalleiro, María Cerviño Álvarez e María Rita Barros Alonso

Os 35 deportistas do Club Asociado da Cañiza adestran, da man de Fidel Rodríguez, nas instalacións do ximnasio municipal, tódalas tardes. O alcalde Luís Piña visitounos para felicitalos polo “gran traballo que están desenvolvendo en prol desta disciplina e polos éxitos acadados”.