Arbo convoca un concurso de decoración de Nadal

l. c.

O Concello de Arbo presenta por segundo ano consecutivo o Concurso de Decoración de Nadal dirixido ás asociacións, colectivos e particulares do municipio co obxetivo de dinamizar a participación activa da poboación, infundir un ambiente do Nadal decorativo baseado en valores como o traballo en común, a fraternidade ou a cooperación, dar protagonismo á veciñanza e fomentar o comercio local.

As propostas para “Arbo no Nadal” poderán presentarse dende o 27 de novembro ata o 19 de decembro no rexistro xeral do Concello ou a través do enderezo de correo electrónico oficinas.concellodearbo@gmail.com

Outorgaranse cinco premios, o primeiro unha cesta de produtos valorada en 250 euros e outra valorada en 150 euros para o segundo, para o terceiro unha caixa de espumosos, unha de viño para o cuarto e outra de licores para o quinto, todo do comercio e das adegas de Arbo.