Porriño

37 voluntarios de protección civil renovan o seu carné

Celebrouse o acto de entrega das acreditacións no marco do proceso de regularización

Acto de entrega das acreditacións no Porriño.   | // D. P.

Acto de entrega das acreditacións no Porriño. | // D. P. / l. c.

l. c.

O Porriño foi o lugar elixido para a entrega dos novos carnés de voluntariado de Protección Civil. Xunto co alcalde, Alejandro Lorenzo, a delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, destacou o importante labor que realizan as agrupacións da provincia das que acentuou a súa vocación de servizo público.

No acto entregáronse un total de 37 renovacións de carnés, dos que 18 pertencen á agrupación do Val Miñor, 10 ao Porriño, cinco de Salceda de Caselas, tres de Redondela e un de Moaña.

Alejandro Lorenzo agradeceu o “traballo desinteresado destes voluntarios e voluntarias sen os cales moitas veces sería moi difícil prestar unha boa atención en momentos de emerxencia. O seu labor é esencial para o noso pobo”.