Outono

Os cogumelos reinan na oferta gastronómica de Mos

Celébranse as XIX Xornadas Micolóxicas y Haberá charlas e unha gran degustación

Laura Méndez, edil de Medio Ambiente, xunto a outros concelleiros da corporación municipal, membros da Comunidade de Montes Monte Salgueirón, da Fundación Pazo de Mos, da Asociación de Hostaleiros BARES Mos e hostaleiros participantes no acto de presentación das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais de Mos  | // DP

Laura Méndez, edil de Medio Ambiente, xunto a outros concelleiros da corporación municipal, membros da Comunidade de Montes Monte Salgueirón, da Fundación Pazo de Mos, da Asociación de Hostaleiros BARES Mos e hostaleiros participantes no acto de presentación das XIX Xornadas Micolóxicas e Forestais de Mos | // DP / l. c.

l. c.

Chegan un ano máis a Mos as Xornadas Forestais e Micolóxicas. O programa de actividades dará comezo o luns con charlas informativas diarias no Pazo de Mos, ás 20.30 horas e culminará o vindeiro domingo, 5 de novembro, coa gran degustación de cogomelos e Micomercado con produtos con Denominación de Orixe. De 12.00 a 15.00 horas poderanse gozar dos pratos ofertados, ao prezo único de 6,50 euros, tanto pola propia Asociación BaRes Mos, como polos seis establecementos participantes nas xornadas deste ano que os seguirán incluíndo nas súas cartas ao longo de todo o mes de novembro.

A novidade desta dezanove edición é a inclusión de catro pratos veganos. O Pazo de Mos serve caldo de setas denominado caldo das bruxas (tapa vegana). Maceira ten burguer de setas (vegana). A Adega da Tía Carmen servirá empanada de pan de millo e trigo de setas e castañas, e croquetas de setas, millo e castañas. Curuxeira espaguetes con salsa de nata, espinacas e setas, tortilla de patacas de setas e xamón e tiramisú de trufa. O Bocadiño oferta un variado de setas e champiñóns con garavanzos (vegana) e tostas con nata, bacon e variado de setas. E Baxiña croquetas de setas shiitake con bechamel e queixo e setas á feira (vegana).

Un concerto en pequeno formato de Son do Sil, ás 12.00 horas, e a actividade infantil “Romarías: Contos e lendas da nosa terra”, da man de Raquel Queizás ás 16.30 horas, amenizarán a xornada dominical, na que tamén haberá unha mostra micolóxica e consulta aberta ao público.