DEPORTE

Preto de 700 persoas correron pola rúas de Salceda de Caselas

Pequenos e maiores participaron na décima edición da carreira popular “Corre x Salceda”

Participantes na X edición “Corre x Salceda.   | // FDV

Participantes na X edición “Corre x Salceda. | // FDV / l. c.

l. c.

Mulleres e homes de todas as idades, dende cativada, a mozos e adultos, déronse en cita en Salceda de Caselas para disputar a décima edición da carreira popular “Corre x Salceda”.

Foron un total de 695 persoas inscritas as que partiron dende a Praza do Concello para realizar un recorrido de 10, 5 e 2,5 quilómetros en función da categoría, que discorría polas rúas do casco urbano e sendas do municipio.

Agradecementos

Dende o Concello de Salceda de Caselas agradecen ás persoas voluntarias das escolas deportivas municipais, á agrupación local de Protección Civil, á Policía Local, ao Club Ciclista Aragonta, ao Motoclub Tamancas e á propia Concellería de Deportes, aos técnicos de deportes e ao persoal municipal das diferentes áreas, a súa colaboración aportando o seu traballo na coordinación do evento para que todo saíra ben e non se producira ningunha incidencia. Do mesmo xeito, trasladan o agradecemento ás empresas patrocinadoras e colaboradoras do evento, “polo seu apoio ao deporte local e o seu entusiasmo en colaborar con este evento tan importante do calendario deportivo local”.