O vindeiro 24 de maio conmemoraranse os máis de mil anos de historia da Vila de Salvaterra de Miño, pois o primeiro documento escrito que fai referencia a esta localidade foi asinado o 24 de maio do ano 991.
Por este motivo, o Concello de Salvaterra organiza, dende a biblioteca municipal, a actividade “O tesouro de Dona Urraca”, para que os participantes poidan coñecer un pouco máis o orixe da vila ao tempo que se divirten.
Será unha búsqueda do tesouro con pistas e levarase a cabo entre as 17.00 e as 20.00 horas no recinto amurallado e está dirixida a todas as idades. Poderase acudir caracterizado e recomendase facer inscrición previa. Para máis información e inscricións, no teléfono 986 65 81 26 ou no correo electrónico animacion@concellodesalvaterra.org.