Festas

Arranca o programa “Música nas parroquias” en Nigrán

Levará varias actuacións de bandas de música e orquestras

l. c.

O Concello de Nigrán ofrece por cuarto ano consecutivo “Música nas Parroquias”. Programa que arrancou o pasado venres coa contratación da Orquesta Finisterre para a Festa da Xuventude de Vilariño, evento organizado pola Comisión de Festas de San Antonio de Vilariño.

O programa municipal conta cun orzamento de 40.000 euros e servirá para colaborar na celebración de todas as festas patronais do municipio, ben para contratar bandas de música ou orquestras

Así, este programa municipal iniciado en plena pandemia volverá a colaborar coas festas do Santísimo Cristo da Victoria en Chandebrito, San Xoan de Panxón, San Pedro da Ramallosa, Santiago de Parada, Carme de Lourido, San Fiz de Nigrán (organizado integramente polo Concello), Virxe das Angustias, San Roque de Camos e, finalmente, Bo Xesús de Priegue