Deporte

Miguel Indurain, convidado de excepción da Clásica Álvaro Pino

A proba será o 14 de maio e discorrerá por nove concellos da bisbarra

Presentación da probra no Concello de Ponteareas.   | // D. P.

Presentación da probra no Concello de Ponteareas. | // D. P. / l. c.

l. c.

Chega a Ponteareas e a outros oito concellos da bisbarra unha nova edición da Marcha Cicloturista Sestelo Clásica Álvaro Pino, que este ano contará coa participación de Miguel Indurain como convidado de excepción.

Será o domingo 14 de maio, con saída e meta na Praza de Bugallal de Ponteareas, e, como unha das novidades deste ano, dous recorridos: un curto, de 67 quilómetros, 1.000 metros de desnivel acumulado, con subida a tres altos de montaña; e outro longo, de 123 quilómetros, 2.150 metros de desnivel, con subida a seis portos.

Aos sete concellos (Ponteareas, Salvaterra de Miño, As Neves, A Cañiza, Covelo, Mondariz e Mondariz Balneario) polos que tradicionalmente transcorría esta marcha ciclodeportiva de carácter non competitivo, súmanse outros dous, Tui e Salceda de Caselas.

Durante o acto de presentación da proba tamén se deu a coñecer o novo maillot que homenaxea ao equipo SEUR co que Álvaro Pino correu en 1990,

As inscricións permanecen abertas ata o 7 de maio a través da páxina web www.clasicaalvaropino.com.