Muller

Teatro polo 8 M en Tomiño

“Laika” o sábado 18 e “As que limpan” o domingo 19

l. c.

A lectura dunha declaración institucional, o propio 8 de marzo, deu iniciou á programación organizada polo Concello de Tomiño con motivo do Día Internacional da Mulleres.

As actividades continuarán a vindeira fin de semana con dúas representacións teatrais. O sábado 18 poderase ver, no auditorio de Goián ás 17.30 horas, a obra “Laika”, de Xirriquiteula Teatre. O prezo será de 7 euros persoas adultas e 3,5 menores de 12 anos. E o domingo 19, sobre o mesmo escenario, ás 19.00 horas, A Panadaría representa “As que limpan”. O prezo será de 5 euros para adultos e 2,5 para menores de 12 anos.

Por outra banda, a Concellaría de Benestar e Igualdade está traballando nun estudo de diagnose sobre igualdade e violencia de xénero que poña o foco na realidade da comunidade educativa e que contará con todos os niveis formativos.