Deporte
Medio milleiro de participantes no Trail Muíños do Folón
A proba disputouse por diversas zonas naturais do Rosal

Participantes no Trail Adventure Muíños do Folón, o pasado domingo no Rosal. | // D. P. / l. c.
l. c.
Arredor de 500 corredores déronse cita o pasado domingo nun dos lugares máis emblemáticos do Concello do Rosal para participar na sexta edición do Trail Adventure Muíños do Folón.
“É un orgullo ser o escenario que acolle unha proba que aposta pola saúde pero que tamén polo turismo e a natureza nunha contorna con gran valor paisaxístico e patrimonial como son os nosos muíños”, sinalaba a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, durante o acto de presentación da proba
Como na edición anterior, os participantes puideron elixir unha das modalidades da carreira, adaptadas a varios tipos de público: unha cun percorrido de 12 km e 450 metros de desnivel e outra de 21 km e 1.000 metros de desnivel positivo. Os dous percorridos, que tiveron como punto de saída e chegada a Praza do Calvario, pasan polos muíños do Folón e do Picón, así como por diferentes fervenzas e zonas naturais dunha beleza paisaxística e patrimonial incomparables.
- Un perro muerde a una vecina de Navia cuando protegía a su perra del ataque: Eira huyó pero apareció tras tres días perdida
- La Guardia Civil investiga vertidos durante unos trabajos de reparación de un barco de pasaje en Bueu
- La Guardia Civil logra frenar una estafa de 46.300 euros con criptomonedas a un pontevedrés
- Comprar en el centro de Vigo es tres veces más caro que en la periferia: así están los precios del metro cuadrado por barrios
- Evacúan de madrugada a un vigués de un velero fondeado en Arneles en la ría de Aldán
- Sin consenso en Vigo por Peinador: Abel Caballero insiste en que «solo hay un modelo» y Luisa Sánchez lo acusa de «despreciar» fondos de Diputación y Xunta
- El mosquito tigre se extiende en el área de Vigo: cómo evitar y paliar su persistente picadura
- Un niño alerta al 112 de un incendio en su casa en Vigo mientras su madre intenta apagarlo