Cultura
O Rosal busca 13 imaxes para ilustrar o seu calendario de 2024
O Concello abre o prazo para participar na creación do almanaque coas mellores fotografías enviadas pola veciñanza
l. c.
Acabamos de iniciar o 2023 e o Concello do Rosal xa está comezando a preparar o calendario para o 2024, un almanaque que, como explica a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, “vimos editando dende hai xa tres anos e repartindo de xeito gratuíto entre a veciñanza, unha oportunidade para dar difusión á identidade do noso municipio dende diferentes puntos de vista como o patrimonio, a natureza, os colectivos...”.
‘Camiños do Rosal’
Para elaborar o calendario do ano 2024 o Concello abriu un proceso participativo co obxectivo de dar a quen o desexe a oportunidade de colaborar achegando as súas fotos, que terán como temática común os ‘Camiños do Rosal’ e a través do que se amosarán corredoiras, pistas, sendas, estradas... do concello rosaleiro.
A participación está aberta ao público xeral, que poderá presentar ata un máximo de dez fotografías en cor, formato horizontal e cunha calidade orientativa de 300pp acompañadas dunha ficha na que se indique o nome do autor ou autora, un enderezo electrónico e teléfono de contacto, o nome e localización do camiño o máis precisa posible e a data na que foi tomada a imaxe. As fotografías deberán ser enviadas, ata o 31 de outubro, en formato dixital a calendario2024@orosal.gal.
Entre todas as fotografías presentadas farase unha selección de 13 imaxes que formarán parte do calendario editado polo Concello para o vindeiro ano.
O xurado, formado por persoal municipal e fotógrafos do concello, terá en conta para a selección a calidade técnica e artística e que as imaxes recollidas representen a meirande variedade posible de camiños en canto a localizacións.
- Crimen en Ponteareas: detenido un hombre por presuntamente matar a su madre octogenaria
- Una joven denuncia una agresión sexual en Vigo por parte de cinco hombres
- Nudistas en la playa de Barra increpan con aplausos a quienes utilizan el bañador
- Investigan la muerte de un hombre de 47 años tras precipitarse de un quinto piso en Baiona
- Eduardo Vieira Montenegro, el niño de la Ribeira nº 33
- «El Vigo Vertical será muy importante en 2027, haremos unas rampas desde el estadio de Balaídos a la rotonda del barco en Coia»
- La Xunta exige a Bueu la devolución de los 700.000 euros del pabellón de Beluso y el Concello está dispuesto a llegar a los tribunales
- El tripulante detenido por la narcolancha de Portugal estaba escondido en las dunas de la playa