Salvaterra
Aberto o prazo para participar no Enterro da Lamprea
Celebrarase o sábado 25 de febreiro ás 17 horas
O Concello de Salvaterra de Miño ten aberto o prazo de inscrición, ata o 8 de febreiro, para participar, con comparsa ou carroza, no Enterro da Lamprea, que este ano celebrarase o sábado 25 de febreiro, a partir das 17.00 horas.
Na categoría de carroza poderán participar todas aquelas que teñan como mínimo 25 participantes e unhas dimensións mínimas de 5 metros de largo, e na categoría de comparsa, deberán ser mínimo de 20 membros. Todas elas deberán gardar unha unidade temática, tanto no seu vestiario coma na súa actuación.
Os premios son á participación e oscilan entre os 100 e os 600 euros, dependendo da categoría e da cantidade de participantes.
Temas
Pulsa para ver más contenido para ti
Comentarios
Ver comentarios