Mos

Recicla vidro por elas

Recicla vidro por elas

Recicla vidro por elas

Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, pon en marcha por oitavo ano consecutivo a campaña “Recicla vidro por elas”. Unha iniciativa que ten como obxectivo mobilizar á cidadanía para reciclar envases de vidro para coidar do medioambiente e contribuír así cunha causa solidaria: a prevención do cancro de mama. Precisamente, durante as próximas semanas, un iglú rosa estará situado en Mos, concretamente no Alto de Puxeiros. Ecovidrio transformará os envases de vidro depositados nos contedores nunha doazón á Fundación Sandra Ibarra.