Andaina

Pasos solidarios en Ponteareas

Pasos solidarios en Ponteareas

Pasos solidarios en Ponteareas

Máis de 200 persoas da vila e de diferentes puntos de Galicia fixeron un percorrido de 25 kilómetros con saída no parque da Feira Vella, no centro urbano de Ponteareas, para percorrer espazos de gran valor natural e paisaxístico como o río Uma ou A Picaraña. “Con esta andaina o público puido descubrir a beleza das nosas paisaxes e a súa biodiversidade, achegarse ata o río e desfrutar da paisaxe de ribeira ou coñecer un pouco máis os nosos montes forestais”, destacou a concelleira de Medio Ambiente, Rosa Covelo. O Concello de Ponteareas agradece o traballo de Nisio, Sito e Raúl, que se encargaron de preparar a ruta para o desfrute de todo o público, así como a solidariedade de todas e todos os participantes, que achegaron un gran número de alimentos non perecedoiros e produtos de hixiene para ser doados ao Centro de Recollida de Alimentos de Ponteareas. Unha andaina organizada polo Club de Montaña Xistra.