Gastronomía
Hostaleiros e concello ultiman o “III Cocido Cañicense”
O sábado 29 e o domingo 30 de outubro o menú inclúe pan rústico, de millo ou bica, sobremesa e viños locais

O “Cocido Cañicense” poderá acompañarse de varios pans e viños D.O. Rías Baixas da Cañiza. | // FDV / D.P.
D.P.
O Concello da Cañiza acollerá a vindeira fin de semana, os días 29 e 30 de outubro, a terceira edición da súa festa gastronómica do Cocido Cañicense. Un evento gastronómico promovido, impulsado e organizado conxuntamente polo concello e polos hostaleiros da localidade.
Un atractivo culinario que se suma aos seus encantos turísticos entre os que destaca a súa diversidade paisaxística e a súa accidentada orografía que se pode percorrer e gozar grazas aos sendeiros e as rutas naturais sinalizadas.
A Cañiza é terra famosa pola calidade dos seus xamóns e polos seus cocidos. Por iso e co inicio do outono, o restaurantes e máis o concello poñen en marcha esta nova edición, coincidindo coa baixada das temperaturas que é como mellor se saborea este prato único que durante décadas congregou entorno ás mesas das nosas xentes a familias e amigos.
O seu segredo está nos aires dos cumios que posúen un microclima especial para o curado dos produtos do porco. Un aire frío e seco que consegue optimizar o curado e outorgar ás carnes o mellor sabor.
Menú moi completo
Son moitos os padais que xa coñecen o cocido da capital da Paradanta e o degustan con frecuencia pero, no marco desta festa gastronómica, os hostaleiros prepararán este tradicional prato con chourizo de cebola e de carne, fuciño, rabo, orella, cacheira, lacón, touciño e costela de porco completado con pito, carne de vacún, patacas, fabas, garavanzos, cenorias e verdura ou repolo. Todo iso acompañado con pan rústico e pan de millo ou “bica” e regado por viños brancos e tintos da Denominación de Orixen Rías Baixas, tamén da Cañiza, Abelán e Eido da Fonte.
En engadido, antes ou despois do prato ofrecerase un caldo servido en tazón.A sobremesa tampouco faltará: arroz con leite ou leite frita e café. Ademáis haberá un pequeño agasallo para cada comensal.
A recomendación é reservar mesa con antelación en calquera dos restaurantes participantes.
- Adiós al bosque que plantó y cuidó durante décadas Arturo, un vecino de As Lagoas: Adif taló la mayoría de los 50 ejemplares de árboles que era refugio climático y de aves
- Las zonas de bajas emisiones ya son una realidad en Vigo: así funciona la primera fase y vehículos afectados
- El conductor de un vehículo persigue al de un autobús hasta la estación de Cangas y le rompe una puerta y el limpiaparabrisas
- La isla de Ons pierde parte de su luz: adiós a Áurea Reiriz Otero, farera, percebeira, cantadora y pandeireteira
- El norte de Portugal reclama 300 millones en infraestructuras y pone el puente con A Guarda entre sus prioridades
- Abel Caballero reprende a Rafael Louzán por sembrar dudas con la sede de Vigo para el Mundial 2030: «Estamos mejor que otros»
- Povisa, 53 años después: del hospital de los médicos vigueses a la incertidumbre de Vivalto
- Marruecos recupera el abastecimiento de almeja fina y se aprovecha de la crisis del sector marisquero gallego