Porriño

Volven as clases de defensa persoal para mulleres

Celébranse os sábados alternos e son gratuítas

Participantes nunha das clases.   | // FDV

Participantes nunha das clases. | // FDV / l. c.

l. c.

As clases de autodefensa para mulleres, impulsadas pola Concellería de Igualdade do Porriño, volveron o pasado sábado tralo o parón estival.

Impártense no ximnasio Jovhen Sport , de 10.00 a 12.00 horas, en sábados alternos.

Dende o Concello do Porriño convidan a todas as mulleres interesadas en recibir esta formación a acudir a estas clases, que son totalmente gratuítas e para as que non se require inscrición previa. Tan só é necesario acudir á hora sinalada anteriormente con roupa deportiva e ganas de aprender.

O curso, organizado polo Concello do Porriño coa colaboración do Ministerio de Igualdade, o Pacto de Estado contra a violencia de xénero e á Policía Local, conta con monitores de defensa persoal que, en colaboración cos axentes, ensinan ás participantes técnicas de fácil asimilación para repeler os ataques máis habituais.