O outono chega con teatro á bisbarra da man da segunda edición do programa “Tornar ás Táboas”, que a Deputación de Pontevedra puxo en marcha no 2021 para reactivar a escena teatral e achegala aos concellos de menos de 20.000 habitantes. Neste ano chega a 47 municipios, 11 máis que na anterior edición.

En Soutomaior e A Cañiza están previstas cadansúa actuación no mes de novembro. O día 6, ás 18.00 horas no multiusos de Arcade, De Ste Xeito Producións representará a obra “A resurrección de Nuno” e o 19, ás 20.30 horas no auditorio da capital do Paradanta, Fulano, Mengano e Citano porán en escena “O que hai que ver”

Antes, no mes de outubro están previstas actuacións en Salceda, o día 2 ás 18.00 horas, O baúl da tía tola presenta a peza “Lixo”; en Nigrán, o 8 ás 20.00 horas, chegarán tamén Fulano, Mengano e Citano, nesta ocasión con “O que hai que ver”, e en Covelo, o día 23 ás 19.00 horas, poderase ver “As para Alex” de Baobab Teatro.

Tamén hai programadas representacións en Arbo, Tomiño, Tui, A Guarda, Baiona, Salvaterra, Gondomar, O Rosal e Mos.