Soutomaior

Música e contos son as próximas citas da axenda cultural

Ismael Cabaleiro presenta hoxe o seu novo disco

l. c.

Co comezo da nova estación, prosigue a axenda cultural no Concello de Soutomaior. As actividades de lecer, pensadas para pequenos e maiores, non se deteñen e esta mesma noite celébrase unha sesión de música instrumental. Será a cargo de Ismael Cabaleiro, que presenta o seu novo disco “Intres”, ás 21.30 horas no multiusos de Arcade, con entrada libre e gratuíta.

E o vindeiro día 28 unha nova cita coa iniciativa “Os mércores un conto tes!”. Nesta ocasión a compañía Supina presenta “Amadeo e as historias do galiñeiro”. Amadeo ten unha graxa que é o seu verdadeiro orgullo; galiñas, coellos, cans, vacas, ovellas... pasa todo o día rodeado de animais con historias e vivencias das que aprender moito. A actividade está dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 7 anos e celebrarse na biblioteca, o mércores 28, ás 18.00 horas. A entrada tamén é de balde.