Recoñecemento

Mos felicita a tres veciños que destacan nas súas profesións

Alcaldesa e concelleiros recibíronos na Casa do Concello polos seus logros

O aqueiro Xes Argüelles (centro) durante o acto de recepción no Concello de Mos.   | // D. P.

O aqueiro Xes Argüelles (centro) durante o acto de recepción no Concello de Mos. | // D. P. / l. c.

l. c.

Iván Álvarez Guedes, Noelia Sías e Xes Argüelles veñen de ser recibidos no Concello de Mos pola alcaldesa, Nidia Arévalo e demais membros da corporación municipal. Foi con motivo de recoñecer o seu labor nas súas traxectorias profesionais e felicitalos polos seus éxitos.

Recepción de Noelia Sías no Concello de Mos .   | // D. P.

Recepción de Noelia Sías no Concello de Mos . | // D. P. / l. c.

Iván Álvarez

Iván, enxeñeiro de loxística no sector sa automoción, foi proclamado, o pasado agosto en Nerja, Míster Supranational na Gala Final de Míster RNB España 2022 e representará a España na 7ª edición de Mister Supranational que terá lugar no verán de 2023 en Polonia.

Iván Álvarez, proclamado Míster España Supranational.  | // D. P.

Iván Álvarez, proclamado Míster España Supranational. | // D. P. / l. c.

O Centro Cultural Villa de Nerja acolleu a Gala Final de Míster RNB España 2022 na que, entres os 52 candidatos, se elixiron aos catro representantes nacionais para os principais concursos Grand Slam de beleza a nivel internacional. Nesta gala competiron 52 candidatos (1 de cada provincia).

Noelia Sías

A florista mosense Noelia Sías volve presentarse ao concurso do ‘MAF’ (Mellor Artesán Florista) que se celebrará do 28 setembro ao 1 de outubro en Toledo e no que participarán un total de 24 persoas. Nas dúas últimas edicións ás que se presentou quedou segunda.

Sías síntese con moitas posibilidades de gañar este ano, tras ter quedado subcampioa en 2019 e 2021 (no ano 2020 non se celebrou por mor da pandemia da COVID-19), e neste senso dende o Concello de Mos trasládanlle todo o apoio, a forza e o ánimo para que así sexa.

Xes Argüelles

O arqueiro Xes Argüelles, que forma parte do Archers Team de Mos, proclamouse o pasado xullo subcampión de España na modalidade de aire libre, categoría arco composto cadete

Esta nova prata para Xes acadouna no Campionato de España Iberdrola de Tiro con Arco sobre diana ao Aire Libre 2021-2022 que se disputou no Complexo Deportivo Zona Sur da Universidade Complutense de Madrid. Xes xa se proclamara subcampión no Campionato de España de Arco Composto en Sala, obtendo a medalla de prata na modalidade de arco composto categoría Sub-18 o pasado febreiro en Marina D’Or, e en 2020 Xes Argüelles xa se erixira campión de España nesta mesma modalidade, en categoría Sub-14. Participou tamén recentemente no Campionato de Europa celebrado en Lilleshall (Inglaterra, Reino Unido) coa Selección Española de Tiro con Arco, onde quedou 5º por equipos.