A Banda Cultural de Salceda foi unha das 400 candidaturas presentadas á novena edición do Premios Martín Códax da Música que resultou finalista na súa categoría. A agrupación salcedense competirá coa Banda Unión Musical de Meaño e a Banda de Lombás, faro co seu proxecto “De Tradición” levado a cabo xunto a Suso Vaamonde.

A pasada semana déronse a coñecer as 45 bandas e artistas que disputan o galardón para un total de 15 categorías, ademais tamén s desvelaron os nove proxectos finalistas nos tres Premios Organistrum: salas, festivais e comunicación e difusión musical.

Dende o Concello de Salceda de Caselas trasladan os parabéns a toda a familia musical da vila por este recoñecemento, desexando que se converta no proxecto gañador deste ano. Para elo haberá que esperar ao día 5 de outubro, cando se celebre, no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra, a gala de entrega de premios.

A votación telemática estará aberta ata o día 2 de outubro.