A Aula CeMIT do Concello do Porriño volve a ofrecer cursos de formación presenciais desde este mes de setembro. As actividades desenvolveranse na aula, situada no multiusos de Torneiros en horario de mañá e tarde.

Entre a oferta formativa atópanse cursos competencias dixitais, ofimática e optimización e mantemento de equipos, en diferentes niveis.

Toda a información sobre os cursos, horarios e inscricións poden solicitala escribindo un correo electrónico ao enderezo cemit.oporrino@gmail.com ou chamando ao 655 626 203.

A aula está equipada coa última tecnoloxía , Internet e sistemas de videoconferencia a disposición da cidadanía, tanto para actividades formativas como para o acceso libre.