O recinto amurallado volveu regresar o pasado con música dos 60, 70 e 80. Moitos dos asistentes foron ao baúl dos recordos e a casa das nais e avoas na procura de roupa apropiada para unha festa que estivo chea de boa música, moitos accesorios e cor e moita risa e diversión, que diso se trataba tras dous anos de espera.

O Guateque triunfa en Salvaterra