Cultura
A Danza das Espadas e das Penlas regresa coa Coca de Redondela
A vila estará de festa do 15 ao 19

Desfile deste ser mitolóxico con forma de dragón polas rúas da vila nos días grandes do Corpus / RICARDO GROBAS
Redondela ultima preparativos para vivir a Festa da Coca que engalará de flores as rúas e prazas, con moito acompañamento musical, do 15 ao 19 de xuño.
Declarada de Interese Turístico de Galicia é unha das celebracións máis grandes e multitudinarias da vila dos viadutos, tanto polo seu carácter histórico e tradicional como festivo. Así, logo da pandemia, regresará con forza a Danza das Espadas e das Penlas, un baile que se representará o xoves de Corpus na Praza da Constitución, logo da procesión (13.00 horas) polas rúas decoradas con alfombras florais, elaboradas de madrugada. Esa xornada festiva comezará xa ás 11.00 horas co traslado, da igrexa de Vilavella á igrexa de Santiago, da virxe A Gabacha e, a continuación, desfile da Coca cos mordomos e diañiños, acompañada tamén polos xigantes e cabezudos que xa farán a súa aparición á tarde do día anterior (17.45 horas), cando se dea o pistoletazo de saída previo á lectura do pregón (20.00 horas), a cargo de Pilar Martínez, fundadora da ONG Da Man, e posterior acto solemne de relevo das Penlas e recoñecemento ás alfombristas, xunto co acendido da iluminación da festa.

Danza das Espadas e das Penlas sobre alfombra floral na Festa da Coca de Redondela. / FDV
Os tapices florais volverán ser os protagonistas da noite do sábado para o domingo, sobre os cales desfilarán de novo o dragón mitolóxico e os seus acompañantes e posterior procesión, para rematar co baile de homenaxe da Danza das Espadas e das Penlas, nesta ocasión na Praza de Ribadavia.
Entre tanto acto non faltarán os concertos, a música será sen dúbida a outra gran protagonista. Así programáronse concertos das bandas de Redondela, Arcade e Chapela; de grupos de renome como Los Secretos e Dakidarría; de agrupación de gaitas locais e sen faltar tampouco as tradicionais verbenas con América, Marbella, Ritmo Joven e El Combo Dominicano.
Ao igual que na Festa do Choco, na da Coca tamén se organizarán rutas en barco para visitar a Enseada de San Simón os días 16, 18 e 19 de xuño.
Concertos
Mércores 15
Orquestra Saxos 19.30 horas Praza do Concello
Grupo América 22.00 horas Campo da Feira
Voves 16
Banda Música Redondela 18.00 h Alameda de Castelao
Orquestra Marbella 22.00 horas Campo da Feira
Venres 17
Chaleco Reflectante 21.30 h
Dakidarría 22.45 h Campo da Feira
Sábado 18
Banda Música Arcade 18.00 h Alameda de Castelao
Los Secretos 22.00 horas Campo da Feira
Orquestra Ritmo Joven 23.45 horas Campo da Feira
Domingo 19
Banda Música Chapela 18.00 horas Alameda de Castelao
El Combo Dominicano 22.00 horas Campo da Feira
- El gobierno de Cangas no dudará en enviar a la Policía Local si los vendedores del mercadillo vuelven a retrasar su marcha
- El mercadillo de Cangas cerró hoy a su hora entre lamentos de los comerciantes
- Grave imprudencia en Gondomar: interceptan a un niño de 10 años conduciendo una moto con su padre
- Muere un joven de Madrid tras impactar contra una furgoneta en Ourense
- El Sepe identifica cuáles son los empleos con más tirón y prevé que Galicia incorpore 16.000 nuevos cotizantes al año hasta 2028
- Los padres de la alumna con sumas erróneas en la nota de la PAU tras las revisiones denuncian «indefensión»: la corrección de la CiUG llega tras cerrar el primer llamamiento en varias comunidades
- La Cofradía de Pescadores de Aldán denuncia la presencia continuada de yates en el muelle, pese a estar probido
- Las titulaciones que cerraron con las notas de corte más altas del Sistema Universitario de Galicia: tres superan incluso a Medicina