A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro ultima todos os preparativos para a XIV Festa da Sementeira e Música que se celebrará, o sábado 14 e domingo 15 de maio, na área recreativa Muiño da Ponte, no paseo fluvial do río Mendo, na parroquia de Corzáns, en Salvaterra de Miño.

Os asistentes o sábado 14 de maio poderán vivir unha concentración de tractores clásicos, observar os diferentes postos de artesanía e degustar gastronomía tradicional. Ademais, os nenos e nenas poderán participar en obradoiros infantís.

A maiores están previstos concertos de Os Ghuacamaios, Os Bardos, Ronco&fol, De Vacas, Tonhito de Poi, o Caimán do Río Tea ou os DJs de la Duendeneta.

O domingo, 15 de maio, os asistentes volverán revivir os costumes do pasado desaparecidas como unha labrada con bois, celebraranse as olimpiadas agrícolas e seguirán gozando de concertos como os de Naiama, As lucernas, as Pandereteiras Tremelique, Pelepau, Festicultores Troupe ou Sons das Tabernas.

Moi agardado será tamén este ano o pregón, a cargo do actor e humorista galego Carlos Blanco, que seguro fará rir ao público.

Os tractores clásicos sairán do municipio de Silleda o domingo anterior e percorrerán varios concellos da provincia de Pontevedra ata chegar a parroquia de Corzáns, en Salvaterra, o venres, 13 de maio.