Veciñas e veciños de Salvaterra de Miño completaron o Camiño de Santiago esta Semana Santa participando da organización feita polo Concello de Salvaterra.

As persoas que se sumaron a esta iniciativa, recuperada de antes da pandemia, completaron o Camiño Francés a Compostela en cinco etapas; desde o 13 de abril ao 17 de abril. A etapa1, de Sarria a Portomarín, de 23 quilómetros; a etapa 2, de Portomarín a Palas de Reis, de 25kms; a etapa 3, de Palas de Reis a Arzúa, de 29kms; a etapa 4, de Arzúa a O Pedrouzo, de 20 kilómetros; e a etapa 5; do Pedrouzo a Santiago de Compostela, de 20 quilómetros.

A propia alcaldesa, Marta Valcárcel, sumouse a realizar o camiño cos seus veciños e veciñas.

O Concello aportou un vehículo de apoio para as mochilas.