O Concello de Nigrán avanza para garantir a seguridade nas praias este verán ao iniciar este semana con oito alumnos o seu segundo curso gratuíto para obter o certificado oficial de socorrismo, requirimento imprescindible para poder traballar nos areais. Foi precisamente con este obxectivo de atallar coa dificultade de cada ano de obter titulados co que o Concello investiu preto de 14.000 euros nesta formación dirixida inicialmente a 10 persoas empadroadas (8 foron as que superaron as probas de acceso). Impartido novamente por BIG Formación e cunha duración total de 420 horas, a formación práctica desenvólvese na Piscina Mancomunada da Ramallosa e os que superen o curso rematarán xusto a tempo de optar a un posto como socorrista este verán nos areais do Val Miñor.