Lecer

Os maiores de Salvaterra reciben clases e socializan

O Centro Social do Maior de Leirado acolle distintos obradoiros ata decembro

Pintura dun usuario do centro social do maior de Leirado    | // FDV

Pintura dun usuario do centro social do maior de Leirado | // FDV / V.P.

V.P.

O Centro Social do Maior, localizado na parroquia de Leirado, en Salvaterra de Miño, imparte desde marzo, e ata o mes de decembro, distintos obradoiros dirixidos a persoas da terceira idade.

O antigo consultorio médico da parroquia é agora un espazo de aprendizaxe, comunicación, socialización e outros beneficios psicosociais para as persoas maiores. En horario de mañá e de tarde, o Concello propúxolle á veciñanza apuntarse a clases de ximnasia, memoria, pilates, internet, restauración ou pintura.

Os interesados en asistir a algún obradoiro poden solicitar praza no correo electrónico animacionenredos@gmail.com ou no teléfono 644 896 840.

“Queremos que este centro sexa un punto de encontro onde os nosos maiores poidan realizar actividades e socializar” explica a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel.