Un ano máis o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación contra a vespa velutina. É neste momento do ano cando se debe realizar o trampeo das raíñas. Colocar unha trampa pode contribuír a erradicar moitos exemplares e apenas leva tempo e esforzo facelo.

O Concello de Salvaterra de Miño reparte trampas e doses de líquido atraínte entre a veciñanza. Nesta campaña tamén se inclúe a concienciación porque é moi importante que todos actuemos para intentar frear a proliferación da vespa velutina, que afecta dun xeito moi severo a biodiversidade. Non debemos pensar que é algo que non nos implica se non somos apicultores nin temos froita nas nosas leiras. As persoas interesadas poden recoller na casa consistorial líquido atraínte e trampas.