O desfile de Entroido de Gondomar partirá mañá domingo, ás 16.30 horas, dende a rúa Eduardo Iglesias. A continuación, as nove comparsas participantes accederán pola rúa Ángel Urzáiz para facer entrada na Praza Paradela, pasar por diante do Concello e marcar a súa saída cara a Avenida do Conde, onde finalizará a formación e a súa actuación.

A novidade deste 2022 é que o desfile perde a condición de concurso e todas as comparsas participantes percibirán unha axuda económica que variará, entre os 200 e os 550 euros, en función do número de integrantes, se levan ou non carroza e se participan como convidadas.

O enterro da sardiña celebrarase o mércores de cinsa a partir das 19.30 horas, ao que acudiran un mínimo de integrantes das comparsas caracterizados para a ocasión.