Deporte
300 atletas de crossfit de 7 países danse cita en Mos
Hoxe e mañá celébrase os III Centaurus Games
![Trala presentación do campionato no Concello de Mos, as autoridades fixeron unha visita ao centro deportivo Centaurus Box. | // D.P.](https://estaticos-cdn.prensaiberica.es/clip/f9d0f8e2-837c-476d-b8bc-9d09cab209f5_16-9-aspect-ratio_default_0.jpg)
Trala presentación do campionato no Concello de Mos, as autoridades fixeron unha visita ao centro deportivo Centaurus Box. | // D.P. / l. c.
l. c.
As instalacións do ximnasio Centaurus Box, en Tameiga, acolle esta fin de semana a terceira edición dos Centaurus Games, un campionato internacional de crossfit promovida polo Club de Halterofilia Centaurus que leva celebrándose desde o ano 2018.
Participan 300 atletas de ata sete nacionalidades diferentes, procedentes de toda Europa, chegados desde distintos lugares de España, Portugal, Francia, Grecia, Italia, San Marino… entre outros países.
Os inscritos contan con idades desde os 16 anos e compiten en diferentes categorías, desde iniciación ata elite e tamén veteranos. Cada categoría divídese en seccións masculina e feminina.
A acollida desta terceira edición do campionato foi todo un éxito, pois desde que se abriu o prazo de inscrición, cubríronse as 300 prazas dispoñibles en tan só 48 horas.
O evento foi presentado no Concello de Mos pola alcaldesa, Nidia Arévalo; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes de Pontevedra da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Daniel Benavides; o concelleiro de Deportes, José Areal; o propietario de Centaurus Box e presidente do Club de Halterofilia Centaurus, Francisco Javier Fandiño e o representante da marca Lion Crew, Miguel Dosantos. Desde a organización declaraban que “na súa terceira edición os Centaurus Games serán unha esixente competición multixornada e multievento na que atletas de elite de todo o mundo compiten na proba definitiva do estado físico. As probas mantéñense en segredo ata xusto antes da competición, e os atletas adestran todo o ano para prepararse para os desafíos descoñecidos aos que se enfrontarán”.
Os Centaurus Games conteñen unha ampla gama de movementos funcionais de alta intensidade, incluíndo habilidades de ximnasia, powerlifting, halterofilia, carreira, remo e máis. Os atletas poden realizar arrancadas, tentar pesos mortos, trepar cordas, escalar obstáculos, levantar sacos de area, calquera movemento é valido se pon a proba a habilidade, o estado de forma xeral e a determinación.
“O obxectivo de Centaurus Games é celebrar en Mos o maior evento de crossfit realizado tras a aparición da pandemia da COVID-19. Creando unha competición de alto nivel con categorías adaptadas a todos os xéneros e niveis”, sinalaron.
- Máxima alerta de la Policía Nacional por el mensaje que está llegando a los móviles de miles de personas
- Una belleza de armas tomar
- Un nutricionista desvela qué es lo primero que le quita a los pacientes que quieren adelgazar
- Uno de los dos tripulantes gallegos desaparecidos sobrevivió al secuestro del atunero Alakrana del 2009
- El abandono no entiende de razas ni de dinero: mascotas que valen miles de euros llegan a A Madroa
- Condenan a dos años y medio de prisión al maquinista del Alvia y al exdirector de Seguridad de ADIF por el accidente de Angrois
- La familia del vigués que murió tras el concierto de Karol G anuncia denuncia: 'No hubo forcejeo ni pelea
- Mujer de más de 45 y sola busca ayuda