O arbense Pedro Rodríguez proclamouse gañador da liga de motos de enduro de Galicia 2021. Foi o vencedor o pasado sábado, 21 de novembro, en Salceda de Caselas, onde se disputou o Trofeo Enduro Liga da Moto

Pedro Rodríguez participou co dorsal 161 no Trofeo Enduro Liga da Moto-Campeonato Galego de Moto de Campo e fíxose co primeiro posto, erixíndose así, gañador da Liga de Motos de Campo na categoria Senior 2t deste ano que remata.

O enduro é a especialidade máis completa do motociclismo. Os deportistas que o elixen precisan combinar velocidade, resistencia e técnica. Está considerado o deporte motociclista que máis evolucións experimentou na súa historia.

Este arbense apaixoado das motos leva competindo neste deporte dende hai máis de 4 anos. No 2020 correu en categoría E1 e gañou a carreira en Salceda tamén, acadou o segundo poste en Tui e a cuarta en Piñor, suspendéndose a liga pola crise do COVID-19.

Depois dun ano de competición, na que Pedro acadou o podio en Piñor, Rios, Abegondo e Salceda, vén de rematar a tempada cun novo trofeo no seu palmarés, sendo polo momento o único corredor neste deporte do municipio de Arbo.

A súa paixón constátase ao entrar no seu garaxe, con máis de media ducia de motocicletas.

Para 2022 proxecta competir na liga nacional.