O Concello de Covelo pon a disposición da veciñanza a primeira zona de carga para vehículos eléctricos realizada con fondos propios e subveción da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación. Estará localizada na carballeira do Campo da Feira, ao lado do campo de fútbol de Covelo. Até que o Concello aprobe unha ordenanza para regular o seu custe, poderana utilizar gratuitamente as persoas empadroadas en Covelo propietarios dun vehículo eléctrico rexistrado no pago do Imposto de Veículos de Tracción Mecánica. Para utilizalo deberán solicitar antes unha tarxeta de activación nas oficinas municipais do Concello, que será persoal e intransferible.